img
 

Chantada

 

CONCELLO:

Pulsar para ir a la ruta

Pulsar para ir al concello

Chantada é Ribeira Sacra. O Miño discorre encañonado ao pé das chairas do Saviñao e Chantada formando un límite natural entre ambos. Nesta zona existe unha perfecta simbiose entre o traballo do home e a natureza que creou unha paisaxe de enorme beleza. As ladeiras escarpadas foron domesticadas para a produción do excelente viño de denominación de orixe Ribeira Sacra. A pendente graduouse por medio de bancales de pedra realizados artesanalmente que permiten o traballo da terra para o plantado da vide a pesar da súa elevada pendente. As zonas traballadas polo home alternan cun bosque autóctono en todo o seu esplendor. E ao fondo a auga do Miño que, coas súas augas calmas debido aos encoros de Os Peares e de Belesar, reflicte a paisaxe que o rodea, dando a impresión de que este non ten fin.

Sobre este territorio domado, o home levantou as súas igrexas, magníficos exemplos de arquitectura relixiosa de todos os tempos, pero principalmente do románico que converte á Ribeira Sacra en punto de referencia para os amantes da arquitectura histórica. Ademais é escenario de arquitectura tradicional: a arquitectura do viño, formada por pequenas construcións de pedra que salpican a montaña nas zonas das viñas.

Sen esquecernos da arquitectura tradicional das súas pequenas aldeas, construídas ao pé das ladeiras, con estreitas rúas, perfectamente adaptadas á pendente.

Chantada tamén é chaira. Chaira ondulada por pequenos cumes sobre as que discorren as estradas perfilando o horizonte con fermosas vistas da distancia. É esta unha terra máis amable para o home, e por iso máis traballada. Campos de labor altérnanse con pasteiros e plantacións de forraxe para o gando. E no medio delas fermosas igrexas e capelas de culto relixioso, casas señoriais e unha arquitectura popular coidada e en perfecto estado de conservación.

Mostra de todas estas variantes patrimoniais son a Ponte de Belesar, a Igrexa de San Salvador de Asma, A Igrexa de Santa María de Pesqueiras, a Igrexa de Santa María de Nogueira e unha infinidade de construcións máis que salpican toda a extensión do municipio.

En Chantada hai moito de tradición popular. Romarías, festas e música invaden todos os puntos deste concello. De entre todas estas actividades destacan algunhas que cobran especial relevancia: O Folión de Carros, o Entroido Ribeirao ou a Feira do Viño son citas ineludibles da cultura popular chantadina.

Chantada é gastronomía. Nada como un bo viño para acompañar calquera menú do típico recetario galego infestado de exquisiteces que poder degustar neste municipio.

Non nos esquezamos do Monte do Faro (ZEC – Rede natura 2000), situado ao oeste do municipio, punto máis alto da dorsal galega desde onde se poden divisar o catro provincias galegas. Terras de labor combinadas con bosque autóctono no que podemos atopar marabillosos exemplares de árbores de gran porte. No seu cume levántalle a Ermida da nosa Señora do Faro, Virxe de gran devoción na comarca en honra á que se celebra unha romaría os días 15 de agosto e 8 de setembro cada ano.

E ademais Chantada é Camiño de Santiago, o “Camiño de Inverno” discorre por terras chantadinas. Ruta empregada polos peregrinos que no inverno buscaban alternativas ás montañas nevadas e atopaban nesta ruta un camiño máis livián para chegar a Santiago.

O tramo final de o Camiño de Inverno dentro a provincia de Lugo, discorre polo concello de Chantada por espazo de aproximadamente 23 km, entrando pola ponte Belesar e atravesando pequenas aldeas antes de chegar á localidade de Chantada e camiñar polas súas empedradas rúas para máis tarde acometer a subida ao Monte do Faro onde a partir de aquí abandonaremos terras chantadinas e lucenses camiño de Compostela.

DIAS DE FEIRA:

Días 5 e 21 de cada mes.

FESTAS:

-ENTROIDO RIBEIRAO: Domingo Lambedoiro, domingo Corredoiro e domingo e martes de entroido.

-FEIRA DO VIÑO: Segundo fin de semana de Marzo.

-SUBIDA AUTOMOBILÍSTICA: Mediados de Xullo.

SEMANA DE CINE: Mes de Agosto.

-SEMANA DE TEATRO: Mes de Agosto.

-FESTAS PATRONAIS: Cuarto fin de semana de Agosto.

-FOLIÓN DE CARROS. (Festa de interése turístico): Cuarto sábado de Agosto.

-FESTA DA EMPANADA: Celébrase o martes e último día das festas patronais.

-ROMARÍA DE Nsa. Sra. DE O FARO: 15 de Agosto e 8 de Setembro.

-ROMARÍA DE SAN LUCAS: 18 de Outubro.

CASTAÑAZO ROCK: Último sábado de Outubro.